martes, 9 de noviembre de 2010
Xeitos de recuperar a materia de Plástica pendente de cursos anteriores
Profesor: Manuel Busto.
Email: plasticabasella@gmail.com
1) Por medio da avaliación continua.
a) O alumno/a superará a materia pendente ó aprobar as dúas primeiras avaliacións do curso seguinte ó que ten suspenso.
b) O alumno/a superará a materia pendente ó aprobar a avaliación final do curso seguinte ó que ten suspenso.(DOG. Do 22 de Outubro 2004 Orde do 30 de Setembro do 2004).
2) Por medio de traballos.
a) O alumno/a coa materia de Educación Plástica e Visual pendente, superará esta realizando correctamente un mínimo de tres láminas e un máximo de seis que traten os contidos mínimos a esixir no curso que corresponda.
Traballos a entregar polos alumnos/as con Plástica de 1º da ESO.
Tres láminas: Unha sobre texturas, outra de linguaxe secuencial(cómic),
e a última relacionada coa cor.
Traballos a entregar polos alumnos/as con Plástica de 3º da ESO.
Tres láminas: Unha sobre a cor, outra de debuxo xeométrico e a última sobre redes.
3) Por medio de exámenes.
a) O alumno/a superará a materia pendente, realizando un exame ordinario de pendentes (Maio) no que se traten contidos mínimos a esixir no curso que corresponda.(DOG. Do 22 de Outubro 2004 Orde do 30 de Setembro do 2004).
b) O alumno/a superara a materia pendente, realizando un exame extraordinario de pendentes (Setembro) no que se traten contidos mínimos a esixir no curso que corresponda. .(DOG. Do 22 de Outubro 2004 Orde do 30 de Setembro do 2004).
RELACIÓN DE LÁMINAS DE PLÁSTICA A ENTREGAR POLOS ALUMNOS /AS QUE TEÑÉN PENDENTE ESTA MATERIA DE 1º ESO.
Lámina 1 ) A linguaxe secuencial:
Elaborar un cómic de unha páxina con todos os elementos estudados no curso anterior.
Lámina 2 ) A cor:
Facer unha paisaxe con harmonías tonais cálidas, (vermellos, laranxas, amarelos, etc.) ou frías, (azuis, verdes, violetas, etc.).
Lámina 3 ) Texturas:
Realizar un bodegón, ( froitas, xarra, flores, etc.) traballado por medio de texturas diferentes.
Material: recortes de diferentes texturas tanto táctiles como visuais, (revistas, telas, etc.) tendo en conta o emprego da cor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)